O xogo de Mad Max chega finalmente as consolas de nova xeración

xoves, 3 de setembro do 2015 Marcus Fernández

O pasado mes de maio chegou aos cines o filme Mad Max: Furia en la Carretera, unha creación de George Miller que conseguiu converterse case de xeito instantáneo nunha obra de culto, arrastrando aos seareiros das películas de Mad Max protagonizadas por Mel Gibson e captando igualmente a novas xeracións; e ao igual que esta franquía desembarcou nas calas cinematográficas, tamén fai o mesmo en ordenadores e consolas de videoxogos, dun xeito que pode lembrarnos ao xogo Batman: Arkham Asylum, pois os responsables do xogo non tiveron reparos en separar o lanzamento do seu produto da estrea cinematográfica como prezo a pagar para conseguir un mínimo de calidade que permítalle captar a un bo número de xogadores satisfeitos co acabado conseguido.
Parece que Avalanche Studios soubo facer o seu traballo, e as primeiras críticas do xogo están a ser moi positivas, considerando que estamos ante un sandbox cunha boa ambientación e que consegue transmitir diversión nas súas numerosas escenas de acción ao volante ou en enfrontamentos man a man contra os inimigos que van xurdindo do Páramo.
O xogo xa leva uns días á venda na súa versión para PC a través de Steam, a un prezo de 49,99 euros, mentres que os usuarios de Xbox One e de PlayStation 4 teñen que agardar a mañá mesmo para facerse con este lanzamento a un prezo de 69,99 euros.

No xogo non falarán combates corpo a corpo nos que experimentar a violencia propia desta franquía

PUBLICIDADE