O xogo de Batman faise cun Record Guiness

luns, 31 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Algún dos Record Guiness resulta un tanto ridículo, por referirse a algo excesivamente concreto, irrelevante ou discutible, e nesta situación estaría o videoxogo Batman: Arkham Asylum, que vén de rexistrarse no libro de marcas coma o «xogo de superheroes máis aclamado pola crítica de todos os tempos» ao facerse cunha nota media de 91,67 puntos entre as análises de revistas especializadas e páxinas web do sector de todo o mundo.
Este título chegou ás tendas españolas o pasado venres, con críticas entusiastas, tanto de profesionais coma de afeccionados, ao que tamén contribuíu positivamente unha excelente versión de demostración do xogo. Polo momento só está dispoñible para Xbox 360 e PS3, agardándose a versión de PC para dentro dun par de semanas.

PUBLICIDADE