O xogo Rocksmith presume de ser o xeito máis rápido de aprender a tocar a guitarra

xoves, 6 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Aínda que o xogo musical que funciona con guitarras reais Rocksmith chegou a España sen facer moito ruído, dende Ubisoft aseguran que non só está a ser todo un éxito, senón que un estudio desenvolvido por Research Strategy Group conclúe que é o xeito máis rápido de aprender a tocar a guitarra, confirmando os datos dun estudo anterior do Toluna Group que aseguraba que o 95% das persoas que xogaran a Rocksmith melloraran a súa habilidade coa guitarra.
No tempo que este orixinal xogo está á venda conseguiu vender 1,4 millóns de copias en todo o mundo e 3 millóns de cancións do seu catálogo de descargas (composto por 143 temas dos que o máis descargado sería Free Bird de Lynyrd Skynyrd). Outros datos que poden resultar interesantes sobre este xogo son que só o 23% dos seus usuarios nunca tocaran a guitarra, provocou a compra de 132.000 guitarras (estímase que o 14% das que se mercaron en 2011 foron por mor deste título) e o 82% dos consultados consideran que é o xeito máis divertido de aprender a tocar a guitarra, o que consegue tanto a través de leccións, como a través de xogos (que van dende a interpretación de temas dun xeito semellante a Guitar Hero ata mini-xogos nos que correr por unha pista tocando notas soltas ou matar zombis a través de acordes).


Vídeo sobre o estudo que asegura que Rocksmith é o xeito máis rápido de aprender a tocar a guitarra

Infografía con algúns datos sobre Rocksmith

PUBLICIDADE