O xogo Astérix: Megabofetón pasa a ser de balde

luns, 21 de outubro do 2013 Marcus Fernández

O xogo para dispositivos móbiles Astérix: Megabofetón actualizouse nos últimos días á súa versión 1.5 contado como principal novidade co feito de que pasa a ser unha aplicación de balde tanto na súa versión para Android como na aplicación universal para iPhone e iPad, permitíndonos gozar dun sinxelo xogo no que tomaremos o papel do galo máis famoso da banda deseñada que deberá golpear con forza a un soldado romano para facelo voar polos aires completando distintos retos como pode ser superar unha distancia ou altura ou botar no chan dun xeito determinado.
O xogo iníciase na aldea gala, pero percorrerá distintas localizacións como Lutecia, Exipto, Roma, Helvecia... o que permitirá lembrar moitos escenarios e personaxes propios das aventuras en viñetas dos personaxes de Goscinny e Uderzo. No xogo poderemos competir en liña cos nosos amigos, será posible desblqouear obxectos e personaxes que funcionarán como potenciadores e poderán coleccionarse tarxetas de máis de 30 personaxes.
Aínda que estamos ante un xogo de balde, inclúe compras na aplicación (que consisten principalmente na adquisición de sestercios virtuais cos que desbloquear elementos no xogo).


Trailer da versión para Android do xogo

No xogo pódense coleccionar distintas tarxetas de personaxes a través das que sabemos máis do universo de Astérix


Trailer da versión para Android do xogo

PUBLICIDADE