O videoxogo da serie televisiva Defiance supera o millón de usuarios rexistrados

luns, 6 de maio do 2013 Marcus Fernández

Defiance é unha interesante proposta transmedia de SyFy

Actualmente a canle de televisión SyFy está a emitir a serie Defiance, que non quere limitarse a narrar a súa historia na pequena pantalla, senón que optou por unha curiosa proposta transmedia, de xeito que os acontecementos na ficción televisiva teñen o seu reflexo nun xogo de Trion World para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, que parece estar a ter unha acollida bastante boa, pois vén de superar o millón de contas de usuario.
O xogo de acción ambientado en Defiance contribúe a reforzar o mundo futurista da serie televisiva, permitindo aos usuarios eliminar a numerosas criaturas, desprazarse polo territorio subido a un quad e participar en grandes batallas, o que posto en cifras amosar uns datos destacables, con máis de 500 millóns de bechos destruídos, máis de 50 millóns de millas percorridas en quad e máis dun millón de combates.
Dende Trion tamén están a organizar unha competición entre o 29 de abril e o 12 de maio, na que o gañador aparecer virtualmente nun episodio da serie.

No xogo en liña superouse o millón de combates


Trailer de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE