O videoxogo baseado na película de Iron Man estrea web

mércores, 12 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Jon Favreau está a dirixir unha película baseada no home de ferro de Marvel, protagonizada por Robert Downey Jr., Jeff Bridges, Terrence Howard e Gwyneth Paltrow, que sairá a primeiros de 2008 e que contará cos seus respectivos videoxogos para PC, PS2, PS3, PSP, Nintendo DS, Wii e Xbox 360 que está a desenvolver Sega.


Imaxes do xogo vistas durante a Comic-Con

Iron Man é o multimillonario Tony Stark que se enfunda unha armadura fortemente armada coa que pode voar e participar así en batallas incribles, que se recrearán no novo xogo que tamén incluirá escenas da película.
Para satisfacer ós afeccionados que ata o momento só puideron ver unha presentación do xogo na Comic-Con de San Diego (o pasado mes de xullo) Sega vén de presentar unha web do novo videoxogo dende a que se amosarán imaxes do mesmo, trailers e outras informacións de interese para ir creando expectación sobre o xogo que chegara antes do verán de 2008.
Esta mesma semana tamén se estreou na Internet o trailer da película:

PUBLICIDADE