O último antivirus de Panda recibe a certificación de compatibilidade de Microsoft

martes, 19 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

O Panda Cloud Antivirus de Panda Security, vén de conseguir a certificación de compatibilidade con Windows 7 outorgada por Microsoft tras pasar todos os controis de calidade, tanto para 32 como para 64 bits.
Este recoñecido antivirus vén de recibir, asemade, o selo Editor´s Choice de PC Magazine ao Mellor Antivirus Gratuíto, e gañou a comparativa de PCWorld como o Mellor antivirus en detectar malware, entre outros vermes.
Trátase do primeiro antivirus deseñado especificamente para ofrecer protección dende a nube, salvagardando ao usuario contra novos códigos maliciosos, practicamente en tempo real e realizando todos os procesos contra Internet, polo que, segundo informan dende a compañía, “ten un mínimo impacto no rendemento do PC”.
A versión final de Panda Cloud Antivirus, que se pode descargar de balde dende a Rede, lanzouse o pasado 10 de novembro de 2009 e dende a súa presentación, millóns de usuarios disfrutan dunha protección “máis sinxela, efectiva e doada de instalar”.

PUBLICIDADE