O último Tomb Raider estrea versión para Mac

xoves, 23 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O editor de xogos para ordenadores de Apple, Feral Interactive, anunciou hoxe a estrea do Tomb Raider na Mac App Store, de xeito que por 44,99 euros os usuarios de OS X poden facerse cun excelente título que recupera os inicios de Lara Croft como aventureira e que, aínda que en breve vai contar cunha revisión para Xbox One e PlayStation 4, a entrega para ordenadores xa presenta uns gráficos de suficiente nivel como para poder gozar completamente desta aventura. O xogo tamén permite a compra de contidos descargable dende a aplicación, de xeito que podemos facernos de novos traxes para Lara Crosft, algunhas melloras e o novo desafío (ambientado na Tumba do Aventureiro).
A versión para Mac de Tomb Raider ofrece as mesmas características que a versión para PC, precisando para funcionar como mínimo un equipo cun procesador a 2 GHz, 6 Gb de RAM, gráfica con 512 Mbytes e 10 Gb de espazo de disco libre, destacándose o feito de que non é compatible con gráficas ATI X1xxx, ATI HD2xxx, Intel GMA, Intel HD3000, nVIDIA 3xx, nVIDIA 7xxx, nVIDIA 8xxx e nVIDIA 9xxx.


Trailer do novo Tomb Raider para Mac

PUBLICIDADE