O tradutor de Microsoft xa está dispoñible para Windows 10

mércores, 16 de setembro do 2015 Marcus Fernández

En Windows Phone 8.1 hai dende hai tempo unha popular aplicación chamada Traductor e, como ben indica o seu nome, trátase dun completo tradutor entre dúas linguas que seleccionemos, podendo introducirse as frases a traducir mediante teclado, voz ou cámara, e agora que xa temos Windows 10 en ordenadores e é inminente a súa chegada aos móbiles, por fin temos Traductor 10 Beta, aplicación que xa está dispoñible para a súa descarga, e que busca contribuír a facer traducións en mobilidade, incluso cando non teñamos acceso á Rede (de descargar previamente os paquetes de idioma entre os que queiramos traducir). Os resultados da tradución tanto podemos velos en pantalla como escoitalos a través dos altofalantes do noso dispositivo, o que pode resultar moi práctico para facernos entender cando viaxemos ao estranxeiro ou atopemos a unha persoa que fale outro idioma.
Como curiosidade propia de Windows 10, cando ancoremos a aplicación ao Inicio, atoparemos que na baldosa da aplicación parece unha palabra ou frase nova cada día para axudarnos a ampliar o noso vocabulario.

PUBLICIDADE