O servizo de aluguer de películas a través da Xbox 360, considerado unha «unha máquina de facer cartos»

mércores, 28 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O lanzamento dunha tenda de aluguer de vídeos en descarga dentro da Nova Experiencia Xbox parece ser todo un acerto económico segundo o analista de Wedbush Morgan, Michael Pachter, quen asegurou nunha entrevista a GameDaily que este servizo é «unha máquina de facer cartos», sostendo que máis de 800.000 usuarios de Xbox 360 e cunha conta Xbox LIVE Gold están afeitos a alugar películas en Netflix, e mesmo estima que uns 200.000 apuntáronse ao aluguer físico despois de coñecer o servizo dixital a través da súa consola de videoxogos.
Pachter apunta que dende Wedbush Morgan estiman que o 35% dos novos compradores de Xbox 360 se subscriban ao servizo Gold e accedan ao aluguer de películas, o que estaría a ser un éxito sen precedentes para a cadea de aluguer de películas Netflix (cun funcionamento semellante ao da española MediaXpress).
Por desgraza, o catálogo audiovisual dispoñible no Bazar de vídeo español da Xbox 360 está limitado a 171 películas e 20 vídeos independentes, moi lonxe das 946 películas, 577 episodios de series de televisión, 407 vídeos musicais e 15 vídeos independentes que están dispoñibles nos EE.UU., de aí que aínda non poidamos facer unha boa análise da situación española desta plataforma de vídeo, en boa medida pola falta de material audiovisual en español dentro do servizo.

PUBLICIDADE