O segundo episodio de The Wolf Among Us chegará en tres semanas

mércores, 15 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Dende o mes de outubro podemos gozar do primeiro episodio da aventura de Telltale Games The Wolf Among Us, actualmente dispoñible para PlayStation 3, Xbox 360, iPhone, iPad e ordenadores persoais, e os xogadores que adquiriron a primeira entrega desta historia por capítulos comezan a impacientarse, pois o normal é contar cun novo episodio cada 2 meses, o que levounos a crear certo rebumbio na web, ata que levou aos responsables de Telltale a anunciar oficialmente a data de lanzamento do segundo episodio do xogo inspirado no cómic de Fábulas.
Deste xeito sabemos que Smoke and Mirrors (espellos e fume) verá a luz na primeira semana de febreiro, agardándose que cada un dos novos episodios chegue case simultaneamente a todas as plataformas dispoñibles, mentres que a estrea do primeiro episodio foi progresiva.
Kevin Bruner, presidente e co fundador de Telltale, asegurou que tiveron que superar varios atrancos para completar o segundo episodio do xogo (ao que non axudou ter as festas de Nadal polo medio), recoñecendo a súa preocupación polo adiamento da súa estrea, o que confía que non se repita durante o resto de episodios previstos para os vindeiros meses.

PUBLICIDADE