O reprodutor multimedia libre VLC volve a iOS

venres, 19 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Un dos reprodutores multimedia máis populares a nivel mundial é sen dúbida VLC, tanto por ser multi-plataforma e libre como por soportar a meirande parte dos formatos de vídeo coñecidos sen precisar de codificadores alleos, pero tras un fugaz paso pola App Store esta ferramenta careceu de versión para iOS durante máis de 2 anos por problemas coa súa licenza (Mozilla Public License Version 2 e GNU General Public License Version 2) que veñen de solucionarse, polo que finalmente está de volta esta excelente aplicación de balde.
VLC para iOS está adaptado tanto para iPhone como para iPad, funciona baixo iOS 5.1 ou superior, reproduce multitude de formatos multimedia como tamén fai a versión VLC de escritorio, soporta ficheiros MKV con varias pistas de audio e subtítulos, reproduce vídeo en streaming, a súa galería de vídeos inclúe a carga de contidos a través de Wi-Fi e de Dropbox e incluso é compatible con auriculares Bluetooth e con AirPlay. Unha excelente solución para quen desexe reproducir vídeos en diferentes formatos dende o seu dispositivo con iOS sen ter que convertelos.

O VLC permite ver vídeos no iPhone sen ter que convertelos

PUBLICIDADE