O primeiro Pokémon cun nome localizado ao español chámase Código Cero

martes, 6 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Aínda faltan bastantes semanas para o 23 de novembro, data na que sairán á venda os xogos Pokémon Sol e Pokémon Luna, pero os responsables do xogo non se limitan a aproveitar o pulo de Pokémon GO (que, sen dúbida, levará a que as novas entregas da saga teñan un grande éxito) e a través de distintos vídeos van debullando novidades que hoxe deron moito que falar, xa que presentouse un novo Pokémon que píllanos moi de preto, e que como grande curiosidade ten que o seu nome é traducible, ou sexa, que mentres nos EE.UU. responde ao nome de Type: Null, en España chamarase Código Cero. Este Pokémon multixénico que luce unha armadura de batalla non ten nada que ver con esta publicación, pero o detalle do seu nome provocou que durante a tarde de hoxe se tendencia en Twitter, con opinións encontradas sobre as novas posibilidades para os nomes das criaturas da franquía.
No último vídeo dos novos xogos de Pokémon tamén presentan á Fundación Æther, aos Ultraentes que ameazan a rexión de Alola, e algúns detalles sobre os Pokémon Ditto, Jangmo-o, Raticate de Alola e o xa mencionado Código Cero, que deixaron aos seareiros da saga con gañas de saber máis e coñecer máis criaturas que entrarán a formar parte da familia Pokémon nesta campaña de Nadal.

O novo Pokémon recibe nomes como Type: Null, Tipo 0 ou Código Cero en función do país para o que estea localizado o xogo

Último vídeo promocional de Pokémon Sol e Pokémon Luna

PUBLICIDADE