O presidente de Blusens recibiu o premio ó galego do mes de febreiro

luns, 29 de outubro do 2007 Marcus Fernández

José Ramón García Iglesias, conselleiro delegado de Blusens, recibindo o premio da man de Xosé Sánchez Bugallo, alcade de Santiago de Compostela

O pasado venres o Grupo Correo Gallego celebrou a entrega de premios Gallegos del Año na que temos que destacar que José Ramón García, presidente e conselleiro delegado de Blusens, recibiu o premio ó galego do mes de febreiro como recoñecemento á súa labor emprendedora á fronte da firma tecnolóxica compostelá. Ó recoller o premio das mans do alcalde compostelán agradeceu o galardón e dirixiuse ós mozos emprendedores para destacar que «con moito esforzo e dedicación, nada é imposible».
García, de 35 anos e licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, fundou en 2002 a empresa Blusens dende a que compiten con grandes fabricantes de electrónica de consumo coma Sony, Philips ou Apple.
O compostelán nacido en 1971 xa recibira o X Premio Nacional Joven Empresario outorgado pola Confederación Española de Asociacións de Novos Empresarios pola súa traxectoria e éxito.

PUBLICIDADE