O novo xogo de Tony Hawk contará cun monopatín virtual

venres, 15 de maio do 2009 Marcus Fernández

Tony Hawk probou o novo accesorio nun programa de GameTrailers TV

Adiantándose ao E3 adiantan o que será o xogo Tony Hawk: Ride, que chegará para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii da man do estudo Robomodo (propiedade de Activision) e que ameaza con seguir os pasos dos xogos tipo Guitar Hero, non porque tire de contido descargable de pago, senón porque servirá para vender un accesorio que promete ser revolucionario, xa que emulará a un monopatín, de xeito que os afeccionados ao skate poderán levar as súas peripecias á pantalla da súa consola.
Os detalles sobre o novo xogo e o interesante accesorio que o complementará puidéronse ver nun programa de GameTrailers TV, no que o propio Tony Hawk se fixo co control do monopatín virtual, demostrando o potencial deste innovador trebello (claramente superior á táboa de equilibrio da Wii para este tipo de xogos), do que aínda non se coñece o prezo, e que como principal atranco contaría co feito de que os usuarios menos habilidosos non se animarían a adquirilo, aínda que sobra dicir que ao igual que usar una guitarra de Guitar Hero é moito máis sinxelo que tocar unha guitarra eléctrica, facer trucos de skate será relativamente doado. Amais, o monopatín tamén serviría para xogos de snowboarding, surf e outros deportes semellantes.


Programa de GameTrailers TV no que amosan o novo Tony Hawk: Ride

PUBLICIDADE