O novo xogo de Spider-Man estará listo no outono de 2023

venres, 16 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Dende o blog oficial de PlayStation realizaron un pequeno avance de xogos que chegarán ás consolas de Sony en 2023, aproveitando a ocasión para desvelar que Marvel’s Spider-Man 2 chegará a PlayStation 5 en outono de 2023. Este xogo de Insomniac Games sitúase despois dos acontecementos de Marvel’s Spider-Man: Miles Morales, a finalmente xunta a Peter Parker e Miles Morales na mesma aventura.
Dende PlayStation tamén destacan que o 24 de xaneiro chegar a PlayStation 5 o xogo de Square Enix Forspoken, o 10 de febreiro chegará a PlayStation 4 e PlayStation 5 o xogo Hogwarts Legacy, o 28 de febreiro lanzarase para PS4 e PS5 Destiny 2: Lightfall, o remake de Resident Evil 4 chegará a PS4 e PS5 o 24 de marzo e tamén mencionan o xogo Final Fantasy XVI para asegurar que verá a luz para PlayStation 5 no segundo trimestre de 2023.
No que se refire a hardware, lembran que o mando sen fíos DualSense Edge chegará ás tendas o 26 de xaneiro e PlayStation VR2 ten previsto o seu o 22 de febreiro.

PUBLICIDADE