O novo xogo de Naruto volve a sorprender polos seus gráficos pseudo-2D
mércores, 26 de maio do 2010
O manga e a serie de televisión
de Naruto son un éxito que, seguindo
os pasos de Son Goku, teñen toda unha vaga de translacións aos videixogos,
sendo a vindeira das mesmas Naruto
Shippuden: Ultimate Ninja Storm 2, que será un
tÃtulo de loita para Xbox 360 e PlayStation 360 cun total de 60 loitadores
e contando tanto cun modo aventura coma dun modo en liña moi demandado da súa
anterior entrega, aÃnda que se algo é destacable deste tÃtulo é o seu acabado
gráfico, pois pese a estar feito en 3D, mediante técnicas de cel shading conseguen que o usuario teña
a impresión de estar a ver a serie de televisión con incluso unha mellora
gráfica, posto que o xogo ten gráficos en alta definición. De feito, moitos
afeccionados consideran que os últimos xogos de Naruto poderÃan servir coma xeradores
de episodios para a televisión, e coma mostra podemos ver o trailer da súa nova
entrega para consola: