O novo xogo de Metal Gear Solid verá a luz en marzo

xoves, 12 de decembro do 2013 Marcus Fernández

A vindeira entrega da franquía de Metal Gear xa ten data de lanzamento europea para as súas versións para Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e PlayStation 4, que non é outra que o 20 de marzo, esquivando así a campaña de Nadal e o período de lanzamento das consolas de nova xeración, para as que o xogo só estará dispoñible en formato descargable (mentres que para Xbox 360 e PS3 tamén venderase en formato físico). A versión para Xbox 360 e Xbox One do xogo contará cunha misión exclusiva, Jamais Vu, na que poderemos manexar ao cyborg ninja Raiden.
Metal Gear Solid V: Ground Zeroes será un breve capítulo para pór en antecedentes sobre os feitos que se desenvolverán en Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, a grande entrega desta saga da que aínda non se coñecen os detalles do seu lanzamento (que podería tardar bastantes meses en ver a luz dado o enorme volume de contido co que contará).

Nas consolas de Microsoft estará dispoñible unha misión exclusiva con Raiden


Novo trailer de Metal Gear Solid V: Ground Zeroes

PUBLICIDADE