O novo filme de Disney estrea xogo baseado en Temple Run

martes, 5 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O xogo Temple Run e a súa secuela son éxitos indiscutibles, e ao igual que dende Disney xa lanzaron unha versión do mesmo adaptada á película Brave, agora fan o mesmo con Oz, un mundo de fantasía, filme que o vindeiro venres chega aos cines españois, e que deste xeito conta cun xogo oficial que ten garantida unha boa aceptación, pero que, en vez de optar por unha fórmula Free-To-Play, véndese por 0,89 euros na súa versión para iOS (mentres que en Android segue a ser de balde).
Temple Run: Oz conserva a mecánica de Temple Run 2, co protagonista Oz fuxindo de babuínos voadores por contornos asombrosos inspirados na nova película de Disney, voar en globo, explorar distintos lugares de Oz e incluso participar en desafíos semanais.
Este título desenvolvido por Disney e Imangi Studios conserva a posibilidade de adquirir moedas mediante pagamentos dentro da aplicación, contando con 1.500 moedas de balde ao mercar o xogo, o que permitirá adquirir potenciadores e outros contidos.


Trailer de lanzamento de Temple Run: Oz

PUBLICIDADE