O novo episodio de GTA IV custará 1.600 puntos (1,9 euros)

luns, 26 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O 17 de febreiro porase á venda un novo capítulo para o Grand Theft Auto IV que permitirá darlle unha segunda vida ao xogo, e aínda que algúns critiquen que 1.600 puntos (19,2 euros) é un prezo moi elevado para un contido descargable, o certo é que non se trata de novos mapas ou peles para o xogo, senón que é unha aventura nova, con novos personaxes e misións (e distinto protagonista) de xeito que realmente estariamos ante un novo xogo que aproveitaría o motor do anterior e que podería marcar unha tendencia de cara ao futuro, de xeito que para 2009 teriamos capítulos para o GTA IV en vez dun GTA V, rachando coa práctica habitual deste tipo de xogos (o GTA III contou con 2 secuelas: Vice City e San Andreas).
The Lost & Damned permitirá unhas 20 horas de xogo (máis do que ofrecen moitos dos xogos completos actuais), mellorará a condución en motocicleta, incorporará novos temas musicais, vehículos e armas e tamén achegará novas funcións multixogador. Este contido descargable será exclusivo para Xbox 360, plataforma para a que agárdase que o xogo conte con outro novo episodio do que aínda non se deron detalles.


Trailer do novo episodio para Grand Theft Auto IV

PUBLICIDADE