O novo Tomb Raider terá 2 edicións especiais

luns, 12 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Contidos da Edición de Supervivencia

O vindeiro 5 de marzo chegará por fin ás tendas o agardado reboot dos videoxogos de Lara Croft, e para celebrar a chegada do novo Tomb Raider o xogo distribuído por Square Enix terá un par de edicións especiais bastante completas.
A Edición de Supervivencia ofrecerá por 74,99 euros o xogo (en versión de PC, Xbox 360 ou PS3), un libro de ilustracións de 32 páxinas, un mapa da illa e póster, unha bolsa de supervivencia impermeable, un CD coa banda sonora e contidos descargables; mentres que por 99,99 euros teriamos unha Edición de Coleccionista, que completaría a anterior cunha figura de 20 centímetros de alto de Lara Croft e unha lata de supervivencia. É de agardar que en breve as tendas de videoxogos comecen a aceptar reservas destas edicións especiais do xogo.

A Edición de Coleccionista de Tomb Raider será moi completa

PUBLICIDADE