O novo Humble Bundle inclúe xogos da serie Civilization

mércores, 22 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Os seareiros da franquía de xogos de estratexia Civilization que queiran apoiar a causas solidarias á vez que se fan cunha boa colección de xogos para o seu ordenador poden achegarse durante un par de semanas á páxina web de Humble Bundle onde están a ofrecer por a partires de 1 dólar os xogos Sid Meier’s Civilization III e Sid Meier’s Civilization IV (nas súas edicións completas). Quen pague por enriba da media (7,61 euros no momento de escribir estas liñas) optarán a facerse con Sid Meier’s Civilization V e as súas expansións, xogos que poden gozarse baixo Windows, MacOS e Linux, recibíndose tamén un desconto do 20% para mercar Civilizacion VI na súa edición normal (ou do 25% para a súa edición de luxo).
A partires de 14,24 euros os xogos que incluirá o lote tamén inclúe o xogo futurista Sid Meier’s Civilization: Beyond Earth e as súas expansións (tamén para Windows, MacOS e Linux). Falamos dun conxunto de xogos que custarían uns 257 dólares de mercarse de xeito ordinario, e que a través desta campaña altruísta poden canxearse en Steam por unha cantidade moi asumible.

PUBLICIDADE