O novo Angry Birds é o primeiro videoxogo en anunciarse dende o espazo

venres, 9 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Non conformes con superar todas as marcas de descargas, os responsables de Angry Birds decidiron que a súa nova entrega ía conseguir destacar, non só por cambiar considerablemente as súas mecánica de xogo e ambientación, senón por ser o primeiro videoxogo na historia en anunciar dende o espazo, pois o vídeo no que dáse a coñecer Angry Birds Space está gravado na Estación Espacial Internacional, co astronauta Don Pettit dando detalles sobre o xogo que estará dispoñible para iOS, Android, PC e Mac a partir do 22 de marzo.
O xogo contará inicialmente con 60 niveis e novos paxaros, e fará uso de diferentes trucos gravitatorios e superpoderes que cambiarán considerablemente a xogabilidade á que estamos afeitos. Dende Rovio aseguran que este título terá novos niveis de balde e tamén permitirá a realización de adquisicións dende dentro da aplicación para iOS.


Vídeo de presentación de Angry Birds Space

No novo xogo os Angry Birds presentarán unha aparencia superheroica

PUBLICIDADE