O iPlus terá disco duro externo e permitirá verse en dous televisores distintos grazas á rede eléctrica

martes, 5 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O anuncio de que Digital+ comercializará un novo terminal de recepción de canles para despois do verán incorporando disco duro para gravar os contidos emitidos destacou pola súa falta de detalles, pois do iPlus só se coñece o nome, o que parece cambiar de atender á información publicada na web MundoPlus.tv, onde dan detalles sobre o novo receptor de satélite.
Así, o iPlus poderá sintonizar TDT, será compatible coa alta definición, descodificará son Dolby Digital e incluirá un porto Ethernet ó que se poderá conectar un adaptador PLC que permite a difusión do sinal polo sistema eléctrico doméstico de xeito que mediante un receptor Multi+ poderiamos sintonizar as canles de Digital+ sen precisar dunha nova instalación. Grazas ó dobre sintonizador do receptor se poderían ver dúas canles distintas no domicilio (ou ver unha mentres se grava outra).
Tamén destacan que o disco duro para as gravación da programación non será interno, senón que se conectará por USB, o que non indica que as gravacións sexan accesibles dende o ordenador (xa que estarán protexidas) senón que permitirán ampliacións de disco de xeito doado o mesmo a substitución do receptor en caso de avaría sen perder as nosas gravacións favoritas. O disco duro inicial será de 160 Gb o que permitiría a gravación de 80 horas de gravación en definición estándar ou 20 horas en alta definición.

PUBLICIDADE