O hardware de Xbox prepárase para o Nadal con rebaixas

venres, 15 de decembro do 2023 Marcus Fernández

As consolas Xbox de Microsoft recibiran importantes descontos de cara ao Black Friday, e agora que se achega o Nadal repiten a xogada e inician novas rebaixas de hardware, de xeito que na tenda oficial de Microsoft (e noutros moitos establecementos) podemos atopar a Xbox Series X a 419 euros (estando o modelo reacondicionado a só 379,99 euros) e a Xbox Series S con 3 meses de Game Pass Ultimate por 229,99 euros, polo que estamos nun dos mellores momentos para dar o salto á nova xeración de consolas.
Adicionalmente tamén podemos adquirir o mando sen fíos de Xbox en varias cores a só 59,99 euros, o mando sen fíos Xbox Elite Series 2 – Core a 89,99 euros e o mando sen fíos Xbox Elite Series 2 a 116,99 euros.

As consolas de nova xeración de Xbox teñen uns prezos oficiais moi axustados

PUBLICIDADE