O francés Bruce Grannec gaña o FIFA Interactive World Cup ’09

martes, 5 de maio do 2009 Marcus Fernández

A pasada fin de semana rematou a FIFA Interactive World Cup ’09, un campionato internacional do xogo FIFA ’09 no que o español Alfonso Ramos non foi quen de revalidar o seu título de campión do mundo (caendo na primeira ronda), e o francés Bruce Grannec logrou facerse cunha bolsa de 20.000 dólares, un coche Kia Soul e unha invitación para a vindeira gala da FIFA ao superar ao mexicano Rubén Zerecero por 3 a 1.
Barcelona acolleu aos 32 finalistas da competición na que participaron uns 500.000 xogadores, destacando o feito de que o evento tivo lugar no Peirao da Marina, ou sexa, ao aire libre, o que é todo un luxo para un torneo deste tipo, que case parecía un macro-concerto.
O gañador do campionato ten 22 anos de idade, pero tamén resultou rechamante que o 3º clasificado fose o portugués Francisco Cruz, con só 14 anos, demostrando que a idade non está rifada co dominio de xogos deportivos.

No torneo non faltou a deportividade dos distintos participantes

PUBLICIDADE