O firmware 2.70 da PS3 inclúe chat de texto

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

Dende onte os usuarios da PlayStation 3 poden actualizar o firmware da súa consola á versión 2.70, que inclúe interesantes novidades entre as que destacan os chats de texto (que permiten a participación en ata 3 salas diferentes con ata 15 membros cada cunha) facendo uso do Keypad sen fíos, un teclado virtual en pantalla ou outros teclados compatibles, o que incluso será posible mentres se xoga coa PS3.
O XMB tamén permite ordenar aos amigos polo seu estado en liña, amplíase o tamaño de ficheiros adxunto de 1 a 3 Mb, os vídeos adquiridos na PlayStation Store poderán copiarse a dispositivos de almacenamento externo coma copias de seguridade e os vídeos mercados para a PSP tamén poderán transferirse á PS3 para a súa reprodución.
Podemos ver os detalles no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE