O filme MalnaZidos estréase acompañado por un videoxogo oficial

venres, 11 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Coincidindo coa chega aos cines do filme MalnaZidos estréase o seu videoxogo oficial tanto para PlayStation 4 (compatible con PS5) como para PC (Steam) a un prezo de 19,99 euros, deixando claro dende o primeiro momento que estamos ante un título moi modesto dentro do xénero de terro e supervivencia. O xogo está ambientado na Guerra Civil Española, permitindo que o xogador se poña na pel de personaxes de ambos bandos, que terán que deixar a un lado o conflito bélico para unir forzar para sobrevivir ante unha pandemia de mortos viventes.
Estamos ante un xogo que mestura superviviencia, sixilo e shooter, con moita acción guiada por unha historia narrada en formato de novela visual en dúas dimensións, mentres que a acción tira proveito do cell-shading para adoptar unha estética de banda deseñada. Haberá que percorrer bosques, alxubes e vilas abandonadas con Jan, Matacuras, De Cruz, Mecha, Rafir, Brodsky e Sor Flor como protagonistas, tendo cada un destes personaxes xogables mecánicas únicas.

Tráiler do videoxogo

PUBLICIDADE