O estudo de Dead Space cambia o seu nome por Visceral Games

martes, 5 de maio do 2009 Marcus Fernández

EA Redwood Shores, estudo responsable do xogo Dead Space, cambia de nome por Visceral Games, de xeito que os seus próximos lanzamentos (Dead Space: Extraction e Dante’s Inferno) serían identificados claramente polos xogadores coma títulos violentos, pois a nova marca resulta moi ilustrativa.
Visceral Games continúa a ser un estudio de Electronic Arts, e o seu director xeral, Glen Schofield, aproveitou os cambios no seu selo para declarar que Dead Space nas súas versións de PlayStation 3, Xbox 360 e PC sumou unhas 1,4 millóns de unidades a nivel mundial, o que parece un bo resultado na actualidade, pero era menos do que esperaban dun título que xa recibiu uns 75 premios pola súa calidade e orixinalidade. Pero as vendas non son o único que importa neste título, que promete ser o primeiro dunha saga de éxito.


Entrevista realizada por Gamespot ao director xeral de Visceral Games

PUBLICIDADE