O editor galego Iberian Games estrea un dos videoxogos máis difÃciles do mundo
xoves, 7 de agosto do 2014
Co fenómeno de Flappy
Bird quedou claro que a xente seguÃa a demandar videoxogos cunha mecánica
sinxela, pero cun elevado nivel de dificultade, o que encaixa moi ben coas
partidas rápidas dende dispositivos móbiles, do que son moi conscientes dende a
editora de videoxogos galega Iberian Games, que vén
de publicar o seu segundo tÃtulo en Google Play, Pursued, que adopta unha estética minimalista propia das
primeiras máquinas recreativas e dos xogos dos primeiros ordenadores persoais
que convida a amosar a nosa habilidade guiando a un punto pola pantalla
superando misións ao longo de 50 niveis dunha dificultade extrema.
O xogo parece bastante sinxelo, cun punto que ten que recoller unhas faragullas
dispersas no mapa de cada nivel, evitando os obstáculo e tamén outros puntos
inimigos que o perseguen, para o que hai que acelerar, recortar e driblar, amosando
a habilidade do xogador mediante xestos táctiles na pantalla do seu
dispositivos móbil con Android 2.3 ou superior.
Este xogo de balde presume de ser un dos máis difÃciles do mundo, convertendo
cada reto nunha mestura entre a habilidade do control e o quebracabezas mental.
AÃnda que os que nas súas primeiras partidas pensen que están ante un xogo imposible, dende Iberian Games
publicaron un vÃdeo no que demostran que os distintos niveis poden superarse de
acadarmos o dominio suficiente do mesmo: