O colexio ferrolán Tirso de Molina pásase ó Mac

mércores, 26 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O director do Colexio, P. José Ignacio Postigo, e o comercial de Play, Ovidio Alarcón, durante a sinatura do acordo.

O pasado luns se formalizou o contrato polo que o colexio ferrolán Tirso de Molina adquire 37 ordenadores Apple iMac para a súa aula de informática, as salas de profesoras e a biblioteca do centro.
O acordo pechouse coa empresa Play, que abrira as súas portas en A Coruña o pasado mes de abril, que é Premium Reseller de Apple, e que levará tamén a instalación de dispositivos Wi-Fi (AirPort Extreme) para o colexio, a configuración dos equipos e a formación do profesorado, de xeito que nun par de semanas o centro no que estudan 800 alumnos poderá pasarse definitivamente a Mac.

PUBLICIDADE