A Coruña estrea tenda Apple

venres, 20 de abril do 2007 Marcus Fernández

Este venres abre as súas portas en A Coruña a primeira tenda Apple da cidade herculina, celebrando a inauguración cunha festa que contará con música jazz en directo da man de Marcelino Galán.
Tamén se sortearán reprodutores multimedia iPod entre tódolos que se acheguen a curiosear no novo establecemento.
A tenda Play está sita na rúa Federico Tapia nº 43, de xeito que se converterá en todo un referente para os maqueiros coruñeses que desexen botar unha ollada ós últimos produtos da compañía de Steve Jobs.

PUBLICIDADE