O cliente de Twitter Echofon estrea versión para Android
xoves, 15 de novembro do 2012
Unha das aplicacións para acceder a Twitter máis populares para iPhone é Echofon, e os usuarios de Android xa poden gozar da mesma, que está dispoñible de balde en Googlle Play nunha versión en probas con publicidade, que conserva a filosofÃa da súa versión para iOS, pero adáptase axeitadamente a Android con notificacións push na barra de notificacións tradicional, notificacións de Jelly Bean e tamén widgets para poder integrar no escritorio do móbil a nosa cronoloxÃa, as mencións ou as mensaxes dunha simple ollada.
Echofon para Android sincronÃzase con outros dispositivos nos que teñamos instalado Echofon, pode xestionar múltiples contas de usuario, permite previsualizar imaxes e conta coa posibilidade de elixir entre unha aparencia escura ou outra luminosa.
Esta nova ferramenta aÃnda non está á altura da súa irmá para os móbiles de Apple, pero é de agardar que vaia mellorando en distintas versións e chegue tamén nunha versión de pagamento sen publicidade que os usuarios máis activos adquirirán con gusto.
VÃdeo de presentación de Echofon para Android