O billar e as mascotas suben á plataforma N-Gage

luns, 30 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A plataforma de xogos para os novos terminais de telefonía móbil de Nokia, N-Gage, está a avanzar paseniño, e polo momento só conta con 13 títulos (agardándose a incorporación de 9 máis nos vindeiros meses) sendo as súas últimas 2 incorporacións os xogos Los Sims 2 Mascotas e Midnight Pool.
Los Sims 2 Mascotas é un título que nos recorda moito ao popular Nintendogs, e nos permite a elixir a un cadeliño ao que coidar (levándoo ao parque, mercándolle xoguetes, ensinándose trucos...) de xeito que de estar ben atendido estará feliz, mentres que en caso contrario se dedicará a esnaquizar as plantas do fogar. O seu prezo é de 10 euros.
Midnight Pool, pola súa banda, é un xogo máis tradicional, desenvolvido por Gameloft, e que nos achega a unha mesa de billar cunha perspectiva tridimensional. O xogador poderá visitar 7 bares diferentes onde enfrontarse a 7 opoñentes singulares, podendo xogar ao billar americano de 8 ou 9 bolas ou ao británica de 8 bolas. Véndese tamén a 10 euros.

PUBLICIDADE