O WeTab adía o seu lanzamento ata mediados de setembro

xoves, 27 de maio do 2010 Marcus Fernández

O mercado parece querer pórlle as cousas doadas a Apple e ao seu iPad, e os moitos tablets previstos para os vindeiros meses non paran de demorar os seus plans de comercializacións, unhas veces porque non son capaces de rematar o produto a tempo para a súa comercialización e outras para analizar previamente a acollida do iPad para reaccionar posteriormente, o que está a decepcionar a moitos consumidores interesados por produtos coma o WePad, que tras cambiar o seu nome a WeTab, muda tamén a súa data de lanzamento ata o 19 de setembro, segundo podemos ver na súa ficha en Amazon, o que fará desconfiar aos futuros compradores deste interesante tablet de Neofonie que desafortunadamente ten uns prezos moi semellantes aos do iPad.

PUBLICIDADE