O Startupbus Europe 2013 preséntase este xoves na Coruña

mércores, 9 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Ao igual que aconteceu o ano pasado, adiantándose á celebración da III Competición Europea de Startupbus que terá lugar o vindeiro día 30, este proxecto de emprendemento no que o 182 proxectos loitarán por presentar no Pionners Festival de Viena a súa startup desenvolvida durante 72 horas na estrada (de aí o de bus) fará mañá mesmo escala na Coruña, nun acto de presentación amparado polo espazo de coworking WeKCo e que busca xuntar a emprendedores con inquedanzas, proxecto profesional e/ou empresa.
Esta actividade terá lugar entre as 20:30 e as 21:30 horas, e contará coa presenza de Lucas Requejo Fernández, creador de Prato_do, quen contará a súa experiencia como emprendedor buseiro do ano pasdo; e a través de videoconferencia tamén poderase escoitar a Samantha Álvarez, co fundadora e directora de Startupbus Spain, quen presentará a edición 2013 deste evento.
Para poder asistir á presentación coruñesa de StartupBus Europe 2013 no espazo de coworking de WeKCo é preciso inscribirse no formulario correspondente.
Cómpre destacar que os proxectos que que xorden deste tipo de iniciativa tende a ter unha importante carga tecnolóxica, como demostrou o feito de que 2 dos 3 finalistas (theBESTDJ.is e BeatGoliat) fosen presentados en Microsoft París.

PUBLICIDADE