O SIMO de 2009 podería celebrarse entre o 3 e o 8 de novembro

mércores, 14 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

En 2008 a feira SIMO non puido chegar á súa 48ª edición polo abandono dos seus principais expositores, o que levou á cancelación do evento, pero a organización aseguraba que en 2009 retomarían o encontro adaptándoo á conxuntura económica actual e á crise que teñen as feiras tecnolóxicas a nivel mundial, e aínda que non anunciaron a data do renovado evento, no calendario anual de IFEMA publicado na súa web aparece o SIMO entre os días 3 e 8 de novembro de 2009, o que non é ningunha confirmación (lembremos que o SIMO de 2008 se cancelou con menos dun mes de antelación) especialmente ao ter en conta que dende o departamento de comunicación de IFEMA descoñecían a publicación das datas do SIMO, asegurando que o calendario aínda non está pechado, aínda que procurarán facilitar unha data oficial antes de rematar o mes.

PUBLICIDADE