O Panda Cloud Antivirus lánzase oficialmente

mércores, 11 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Tras medio ano en probas, o Panda Cloud Antivirus convértese nunha aplicación oficial, publicando a súa versión 1.0, conservando a súa filosofía orixinal: ser de balde e basearse na nube, de xeito que sempre estará actualizado, pois a base de datos de virus non está no equipo do usuario, senón que está distribuída na Rede.
Panda Cloud Antivirus 1.0 conta con vantaxes como o seu tamaño reducido (a súa descarga pesa uns 50 Mbytes), o seu reducido tamaño en memoria (17 Mbytes) e a pouca carga que supón sobre o equipo no que se executa (pois carga parte do proceso aos servidores de Panda Security).

PUBLICIDADE