O PP estrea rede social na Internet
martes, 5 de maio do 2009
O Partido Popular
quere potenciar a súa presenza na web de cara aos comicios europeos, polo que
presentaron unha nova páxina web no cÃrculo de Bellas Artes de Madrid, nun acto
ao que asistiron Mariano Rajoy, presidente do Partido Popular; MarÃa Dolores de
Cospedal, secretaria xeral do PP; Esteban González Pons, vicesecretario de
Comunicación; Jaime Mayor Oreja, cabeza de lista ao Parlamento Europeo;
Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid; e Nacho Uriarte, presidente
de Nuevas Generaciones.
Pero a formación popular non se conforma con lavar a cara do seu espazo na
Internet, senón que tamén decidiron seguir os pasos
do PSOE e estrean unha rede
social propia baixo o dominio de Internet popular.es, que
actualmente xa supera
os 1.300 perfÃs de usuario (entre os que están dende Mariano Rajoy
ata Ana Mato) e pretende mobilizar aos militantes e mellorar a comunicación cos
cidadáns, aÃnda que está aberta a calquera persoa interesada en participar.
Este novo espazo potenciará os vÃdeos, as fotografÃas e os blogs; e dende
o PP pensan na posibilidade de que neste ámbito xurda algúns «novos lÃderes dixitais».