O PSOE estrea unha Rede Social de cara aos comicios europeos

luns, 20 de abril do 2009 Marcus Fernández

Leire Pajín presentou a web ActivistasPSE.net

A Secretaria de Organización, Leire Pajín, presentou esta mañá a Rede Social do PSOE, que consideran que sería a primeira dun partido político en España e buscaría converterse nun instrumento básico de mobilización electoral na Internet de cara aos comicios europeos, co que inauguran «un novo xeito de facer campaña» para que «todos os cidadáns se sintan protagonistas destas eleccións porque o que van a elixir é determinante para o seu futuro».
A nova plataforma está baseada en Ning e atópase baixo o dominio ActivistasPSE.net, e busca converter a milleiros de militantes e simpatizantes en activistas, no que sería unha peza máis do mecanismos de mobilización do Partido, que na actualidade xa está activo en distintas plataformas de redes sociais coma Facebook, Tuenti, Twitter e blogs.
Este novo espazo abrirá o acceso a vídeos, argumentarios, información sobre actos e propostas do PSOE, agardando que a plataforma tamén sirva para exercer unha escoita activa e animar a conversa cos cidadáns, aínda que nas primeiras horas de vida parece estar a captar moita atención, o que fai que parece que moitas solicitudes de participación nesta plataforma están aínda sen resposta.

ActivistasPSE.net emprega a tecnoloxía de Ning para construír unha rede social

PUBLICIDADE