O OpenOffice 3.1 pode descargarse na súa versión en inglés
martes, 5 de maio do 2009
De xeito pouco
advertido xa está dispoñible
para a súa descarga o OpenOffice.org 3.1 en inglés dende distintas
páxinas web (e mesmo entre os servidores FTP da
Universidade da Coruña), tratándose realmente da versión final desta
aplicación, aÃnda que na web oficial do produto só está presente a versión
3.0.1 (algo que supomos que cambiará nas vindeiras horas, e que tamén incorporarÃa
as versións en español e galego da suite
ofimática libre máis popular).
Esta nova versión do OpenOffice.org inclúe moitas novidades e corrixe moitos
erros detectados en entregas anteriores. Entre as novas caracterÃsticas
estarÃa o suavizado de debuxos, a resposta a notas, mellor corrector gramatical,
administración e ordenación de ligazóns, soporte de macros no Open Office Base,
rutas relativas en bases de datos, control do zoom dende a barra de estado e
moitos outros detalles.
O programa está xa dispoñible nas súas versión para Windows, Linux e Mac OS X.