O Office 2007 SP2 soportará os formatos ODF, PDF e XPS

xoves, 22 de maio do 2008 Marcus Fernández

A vindeira actualización importante do Office 2007 coñecida coma Service Pack 2 achegará importantes novidades como será a incorporación de soporte nativo para ficheiros en formatos Open Document Format (ODF), Portable Document Format (PDF) e XML Paper Specification (XPS), aínda que haberá que agardar ata a primeira metade de 2009 para poder gozar do SP2 de Office 2007. Estes formatos poderanse definir por defecto, e supoñen unha importante vantaxe para os usuarios, que poderán compatibilizar o uso de distintas aplicacións e formatos.
Para versión anteriores de Office, Microsoft lanzará conversores para que o formato ODF se poidan manexar, co que pretenden atender unha necesidade dos usuarios e dos gobernos, e confirmaría a aposta pola interoperabilidade que anunciou a compañía de Redmond hai uns meses.

PUBLICIDADE