O Nobel Ei-ichi Negishi falará o xoves 26 en Santiago sobre as claves dun mundo sostible
xoves, 19 de abril do 2012
Santiago contará a vindeira semana coa
presenza do Premio Nobel de QuÃmica 2010, Ei-ichi Negishi. A visita insÃrese
dentro do Programa Conciencia, da
Universidade de Santiago e o Consorcio, coa colaboración da Fundación Cidade da
Cultura (sede do seu relatorio Catálise para un mundo próspero e sostible,
o xoves 26 de abril a partir das 20.00 horas). A entrada para asistirmos á
intervención de Negishi será libre e contará con servizo de tradución simultánea.
Ei-ichi Negishi, da Universidade estadounidense de Purdue, acadou en
2010 o Nobel de QuÃmica e os achados abrÃronlle as portas a múltiples vieiros
de actividade industrial, agrÃcola ou médica. A súa arquitectura salienta pola
súa complexidade e polo potencial para mellorar, de xeito asombroso, a eficacia
quÃmica orgánica sintética.
Programa ConCiencia
O obxectivo de ConCiencia, programa iniciado en marzo de 2006 co
cientÃfico suÃzo e Premio Nobel de FÃsica en 1986 Heinrich Rohrer, é difundir
entre a cidadanÃa a importancia que merece o saber cientÃfico como unha forma
máis de cultura, ao tempo que propicia o intercambio de coñecementos entre a
comunidade cientÃfica galega e as personalidades máis sobresaÃntes do ámbito
cientÃfico internacional. A presenza en Compostela das máis eminentes
personalidades da FÃsica, a QuÃmica, as Matemáticas ou a Medicina -nestes seis
pasados anos vinte Premios Nobel, dous Premios Abel e un Turing- débese en gran
medida aos vencellos existentes entre o cadro de investigadores da USC e estes
persoeiros.