O efecto da Lei de IA nos medios centra un webinar do proxecto Valcomm da USC

martes, 27 de febreiro do 2024 S. P.

A repercusión e impacto da nova Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea sobre os medios de comunicación ocupará un webinar en liña que se celebrará o vindeiro 14 de marzo entre as 16:00 e 17:45 horas, e que contará coa participación de expertos na materia e profesionais do sector. A xornada é co-organizada polo proxecto de investigación da USC, Valcomm, centrado no estudo dos medios de servizo público; a Fundaciò da Universitat Politécnica de Catalunya, e RTVE Instituto.
A inscrición é totalmente gratuíta e as persoas asistentes que se matriculen con antelación poderán recibir un certificado de concorrencia.
O webinar fraccionarase en tres mesas de debate para tratar temas de interese relacionados con esta nova lexislación e que se repartirán nos seguintes eixes temáticos: A Lei de Intelixencia Artificial: Como afecta os medios; Lexislación, Medios e Protección de Dereitos Fundamentais; e Innovación en IA e oportunidades para os Medios. A inscrición pode facerse en liña na ligazón habilitada pola USC.
O programa
16.00 Apertura-Benvida. Participa: Verónica Ollé, directora do Gabinete de Presidencia de RTVE e Miguel Túñez, catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.
16:15. A Lei de Intelixencia Artificial. Como afecta os medios? Participa: Juergen Foecking, director adxunto da Oficina do Parlamento Europeo e Luís Miguel Macho, catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Modera: Verónica Ollé, directora do Gabinete de Presidencia de RTVE.
16.45 Lexislación, Medios e protección de Dereitos Fundamentais. Participa: Luís Antonio de Salvador Carrasco, director da División de Innovación da Axencia Estatal de Protección de Datos (AETPD) e Idoia Salazar, presidenta e cofundadura do Observatorio do Impacto Ético e Social da Intelixencia Artificial (OdiseIA). Modera: Cristina Bravo, directora de RTVE en Castela A-Mancha.
17.15 Innovación en IA e oportunidades para os medios. Participa: Juan Llorens, catedrático de Ciencias de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade Carlos III de Madrid e Carmen Pérez Cernuda, subdirectora de Estratexia tecnolóxica e Innovación Dixital de RTVE e coordinadora de proxectos de IA en RTVE. Modera: Francés Tarrés, doutor en Telecomunicacións (UPC) e responsábel do grupo EETAC-UPC.
17.45 Clausura. Participa: Pere Vila, director Estratexia Tecnolóxica de RTVE, Miguel Túñez, catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e Sara Martín Olmo, directora de RTVE Instituto. Modera: David Corral, responsábel de Innovación en RTVE.
Presenta: Cristina Bravo, directora de RTVE en Castela A-Mancha.

PUBLICIDADE