O Mobile World Congress manterase en Barcelona até 2024 como mínimo

martes, 23 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Aínda que a intención da GSMA de manter a sede do Mobile World Congress en Barcelona estaba máis que claro, especialmente tras a cancelación do evento este ano, co que ofrecíase aos participantes unha compensación económica fraccionada en 3 anos (que suporía unha maior contía que solicitar a devolución nun único prazo), no nfoi até hoxe que o Consello de Ministros autorizou ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e a Red.es o peche dun acordo coa GSMA para ampliar a celebración do evento até 2024.
Este acordo recolle compensacións para a Administración Xeral do Estado por mor da cancelación do evento o presente ano, así como o feito de que as institucións que apoian o evento integradas na Fundación Barcelona Mobile World Capital recuperarán a súa achega económica a GSMA no caso de que a edición de 2021 non puidese chegar a celebrarse.

PUBLICIDADE