O Microsoft Security Essentials preséntase en probas

martes, 23 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Hoxe abriuse a versión preliminar do Microsoft Security Essentials, no que supostamente é unha versión limitada a 75.000 descargas dende EE.UU., Israel e Brasil, aínda que non parece haber problemas para facerse con copias da nova aplicación de seguridade informática que protexe os nosos equipos ante distintos tipos de software malicioso.
Para a descarga é preciso identificarse co Windows Live ID e durante a instalación do programa compraba se fixemos a validación WGA no noso equipo. Polo momento o que podemos comentar da aplicación é que consume poucos recursos de memoria, pero para saber se é operativo coma ferramenta de seguridade informática haberá que agardar a que se realizan probas sobre este novo sistema que ofrecerá protección de balde ante ameazas informáticas.
O Microsoft Security Essentials preséntase en varias versións, estando a máis básica dirixida a Windows XP, mentres que para Windows Vista/7 poderemos optar por unha versión de 32 bits ou outra de 64.
O produto definitivo debería chegar antes de rematar o presente ano.

PUBLICIDADE