O Messenger chega ao iPhone (fóra de España)

martes, 22 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios do iPhone en EE.UU., Reino Unido, Canadá e Francia poden xa descargar da App Store unha aplicación moi agardada, o Windows Live Messenger, que por fin está dispoñible en inglés e francés para os terminais de Apple, que permite chatear cos contactos de Windows Live Messenger e Y! Messenger, ver as actualizacións dos contactos no Messenger en redes sociais coma Facebook, Flickr ou MySpace, cargar fotografías dende o móbil para compartir momentos cos amigos (podendo crear álbums ou permitindo os comentarios das imaxes) e acceder á conta de correo de Hotmail sen ter que abandonar a aplicación en cuestión.
O Windows Live Messenger para iPhone/iPod Touch está a ter unha distribución bastante limitada polas distintas tendas de aplicacións internacionais de Apple, o que pode atender a que aínda está nunha fase de probas ou no feito de que, polo momento, a aplicación debe localizarse para distintos territorios.

PUBLICIDADE