O MapaTIC.gal completa o seu primeiro ano de actividade con máis de 400 recursos catalogados

luns, 11 de febreiro do 2013 Redacción

Como punto de encontro na Rede entre provedores e demandantes de produtos e servizos tecnolóxicos dende a Administración Autonómica puxeron en marcha o MapaTIC.gal, plataforma web do Centro Demostrador TIC, dependente da AMTEGA, que dispón dun directorio categorizado que un tras un ano de actividade recolle 412 referencias de produtos e servizos e conta con 178 provedores.
O perfil predominante de provedores TIC neste escaparate virtual é o das micro PEME, que representan o 52% do total, seguidas das PEME (25%) mentres que a mediana empresa e a gran empresa supoñen un 10% e un 3%, respectivamente. No caso dos demandantes, o sector que solicita máis produtos TIC é ó do comercio, seguido do eido da educación a Industria cultural e empresas dos sectores primarios agricultura, pesca e gandaría.
En canto aos produtos ofertados, a maioría (37%) son solucións de xestión empresarial, seguidos de software especializado (19%), portais e plataformas web (15%), electrónica e comunicacións (10%) hardware e sistemas de base (9%), contidos dixitais, multimedia e 3D (5%) e seguridade informática (5%).
Por categorías de servizos tecnolóxicos os de maior presenza no mapa son os de auditoría e consultoría (43% ), seguidos dos de desenvolvemento de software e contidos (34%) e nunha menor porcentaxe os de soporte e e mantemento de infraestruturas e sistemas (12%) e formación (11%).
Este escaparate tecnolóxico de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es, e está co financiado con fondos FEDER.

PUBLICIDADE