O Mac OS X cumpre 7 anos

martes, 25 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do Mac OS X aparecido en 2001

O 24 de marzo de 2001 Apple lanzou mundialmente o seu sistema operativo Mac OS X, no que supuxo o maior avance no software para Mac dende que en 1984 estreara o seu sistema opeativo orixinal.
O Mac OS X foi toda unha revolución, pois en vez de tratarse dunha revisión do Mac OS 9, era un produto totalmente renovado, baseado nunha distribución de UNIX, achegando estabilidade e potencia e converténdose nun dos sistemas operativos máis respectados.
7 anos despois vimos comoa chegaron xa 6 versións do Mac OS X, alcumadas con nomes de felinos (Cheetah, Puma, Jaguar, Panther, Tiger e Leopard) conservando os detalles gráficos que caracterizan este sistema (como a barra de Dock ou o estilo das fiestras) e mesmo adaptándose a dispositivos coma o iPhone, polo que podemos agardar que ó Mac OS X lle queden moitos anos por diante.

PUBLICIDADE