O Mac OS X actualízase á versión 10.5.5

martes, 16 de setembro do 2008 Marcus Fernández

O sistema operativo de Apple actualízase para corrixir fallos detectados nos últimos meses e mellorar a súa seguridade, polo que dende as últimas horas os usuarios de Leopard poden descargar a actualización que pon ao día o seu equipo.
O Mac OS X 10.5.5 inclúe as actualizacións de seguridade máis recentes, soluciona problemas de estabilidade nos MacBook Air, mellor o indexado de Spotlight, soluciona certos problemas de compatibilidade con Palm OS, mellora a autentificación con servidores Samba e moitas outras pequenas correccións que axudan á estabilidade, seguridade e compatibilidade da plataforma software dos Mac.

PUBLICIDADE